SOS clima

SOS clima

Publicado en Base | Deixa un comentario

A pesar de todo

ErVFze0l3Vo

Publicado en Base | Deixa un comentario

onde xogarán as criaturas


Publicado en Base | Deixa un comentario

O dia que salvamos a terra


Publicado en Base | Deixa un comentario

dereitos sexuais e reprodutivos


Publicado en Reprodución BIXE 3º | Deixa un comentario

A terra está enferma


Publicado en Base | Deixa un comentario

Aforrar enerxía na casa

No seguinte video podemos saber como aforrar enerxía

Publicado en medio ambiente | Deixa un comentario

A enerxía: problemática actual e solucións

Dende sempre a humanidade empregou a enerxía para as suas necesidades, pero a partir da revolución industrial consome moita mais e de forma moi desigual. Isto levounos a unha situación na que a enerxía se ten transformado nun problema global, xa que é causa de numerosos impactos ambientais e conflitos sociais. A problemática actual en relación coa enerxía resúmese nos seguintes puntos:

1-As fontes básicas de enerxía ( petroleo, carbón e gas natural) xa non abondan.

2-O uso destas fontes de enerxía libera contaminantes á atmosfera que, entre outras consecuencias, son causa do cambio climático.

3-A enerxía, coma os restantes recursos, repártese de xeito desigual entre a poboación: unha minoría nos países ricos consome a maior parte da enerxía mundial.

4- O ritmo de consumo de enerxía vai en aumento

As solucións a esta crise enerxética parecen ser:

1-Aforrar enerxía.

2- Sustitución paulatina dos combustibeis fósiles por outros renovabeis e non contaminantes.

3-Reparto xusto da enerxía entre todos os habitantes do planeta.

Publicado en Base, medio ambiente | Deixa un comentario

A intervención humana na biosfera: evolución histórica

A nosa especie apareceu na terra hai uns trescentos mil anos. As primeiras sociedades eran nómades, adicábanse a cazar e recolectar plantas e froita comestibel. O tamaño das poboacións mantíñase de acordo coa dispoñibilidade de alimentos. Tratábase de sociedades que vivían na natureza e que causaron un impacto ambiental mínimo e moi localizado.

Uns trinta mil anos despois, estas pequenas sociedades comenzaron a cambiar culturalmente, descubrironse novas ferramentas e o uso da agricultura. Comenzou entón a revolución agrícola. As antigas sociedades nómades estableceronse en comunidades sedentarias que cazaban, cultivaban a terra e domesticaban os animais. A poboación aumentou e polo tanto houbo mais demanda de alimentos. Grandes extensións de bosque foron taladas para adicalas a cultivos, e moitos ecosistemas foron degradados.A poboación humana pasou a controlar a natureza..

A partir do ano 1800 xurdiron as sociedades industrializadas. Con elas iniciase o consumo de combustibeis fósiles e aumenta considerabelmente a capacidade de transformación do planeta por parte da nosa especie.

Xa no momento presente, a necesidade de asegurar alimentos a unha poboación en continuo crecemento incentiva a busca de novos procedementos e técnicas na agricultura, na pesca e na gandeiría. Paralelamente xurde unha crecente demanda por mellorar o nivel de vida das persoas o que conleva un aumento do gasto enerxético per cápita.

O uso dos combustibeis fósiles como fontes de enerxía multiplicou o impacto da especie humana sobre o planeta:son a principal fonte de contaminación atmosférica, o seu control provoca conflictos bélicos, etc.A expansión das zonas agrícolas está orixinando, ademais, a tala e queima de bosques, o que contribuie ao incremento do CO2 na atmósfera.

As esixencias dun mundo desenvolvido fan que os impactos do ser humano sexan cada vez mais globais. Ademais é triste constatar que cada vez son maiores as desigualdades no reparto dos recursos entre uns paises e outros entre unhas persoas e outras.

Publicado en Base | Deixa un comentario

A crise que estamos a vivir

  “O planeta terra sofre unha crise enerxética porque o petroleo, o carbón e o gas natural xa non abondan. Unha minoría da poboación mundial, nos países industrializados, usa a meirande parte da enerxía. E os combustibeis fósiles están causando un serio problema de quecemento global.

A nosa seguridade común depende de que se emprendan urxentes medidas para previr esta catástrofe climática. Isto será imposibel se os países ricos continúan a investir grandes sumas de diñeiro nos combustibeis fósiles tradicionais. Un consumo enerxético en aumento ( calefacción, iluminación, transporte…) incrementará o quecemento do noso planeta.

O reto da seguridade enerxética mundial pasa por salvagardar o clima mundial e distribuir os recursos enerxéticos mais equitativamente. Isto implica eliminar o gasto supérfluo de enerxía, usandoa mais eficientemente, e preparar a alternativa dende os combustibeis fósiles ata as fontes renovabeis.”

Greenpeace

Publicado en Base | Deixa un comentario