A crise que estamos a vivir

  “O planeta terra sofre unha crise enerxética porque o petroleo, o carbón e o gas natural xa non abondan. Unha minoría da poboación mundial, nos países industrializados, usa a meirande parte da enerxía. E os combustibeis fósiles están causando un serio problema de quecemento global.

A nosa seguridade común depende de que se emprendan urxentes medidas para previr esta catástrofe climática. Isto será imposibel se os países ricos continúan a investir grandes sumas de diñeiro nos combustibeis fósiles tradicionais. Un consumo enerxético en aumento ( calefacción, iluminación, transporte…) incrementará o quecemento do noso planeta.

O reto da seguridade enerxética mundial pasa por salvagardar o clima mundial e distribuir os recursos enerxéticos mais equitativamente. Isto implica eliminar o gasto supérfluo de enerxía, usandoa mais eficientemente, e preparar a alternativa dende os combustibeis fósiles ata as fontes renovabeis.”

Greenpeace

Esta entrada foi publicada en Base. Garda o enlace permanente.