A intervención humana na biosfera: evolución histórica

A nosa especie apareceu na terra hai uns trescentos mil anos. As primeiras sociedades eran nómades, adicábanse a cazar e recolectar plantas e froita comestibel. O tamaño das poboacións mantíñase de acordo coa dispoñibilidade de alimentos. Tratábase de sociedades que vivían na natureza e que causaron un impacto ambiental mínimo e moi localizado.

Uns trinta mil anos despois, estas pequenas sociedades comenzaron a cambiar culturalmente, descubrironse novas ferramentas e o uso da agricultura. Comenzou entón a revolución agrícola. As antigas sociedades nómades estableceronse en comunidades sedentarias que cazaban, cultivaban a terra e domesticaban os animais. A poboación aumentou e polo tanto houbo mais demanda de alimentos. Grandes extensións de bosque foron taladas para adicalas a cultivos, e moitos ecosistemas foron degradados.A poboación humana pasou a controlar a natureza..

A partir do ano 1800 xurdiron as sociedades industrializadas. Con elas iniciase o consumo de combustibeis fósiles e aumenta considerabelmente a capacidade de transformación do planeta por parte da nosa especie.

Xa no momento presente, a necesidade de asegurar alimentos a unha poboación en continuo crecemento incentiva a busca de novos procedementos e técnicas na agricultura, na pesca e na gandeiría. Paralelamente xurde unha crecente demanda por mellorar o nivel de vida das persoas o que conleva un aumento do gasto enerxético per cápita.

O uso dos combustibeis fósiles como fontes de enerxía multiplicou o impacto da especie humana sobre o planeta:son a principal fonte de contaminación atmosférica, o seu control provoca conflictos bélicos, etc.A expansión das zonas agrícolas está orixinando, ademais, a tala e queima de bosques, o que contribuie ao incremento do CO2 na atmósfera.

As esixencias dun mundo desenvolvido fan que os impactos do ser humano sexan cada vez mais globais. Ademais é triste constatar que cada vez son maiores as desigualdades no reparto dos recursos entre uns paises e outros entre unhas persoas e outras.

Esta entrada foi publicada en Base. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta