Planta árbores

Le o seguinte artigo e visualiza o video para, na próxima clase, sair a plantar árbores.

COMO PLANTAR UNHA ÁRBORE CON CEPELLÓN.-

– Cava un burato que sexa polo menos o doble de ancho e de profundo que o cepellón das raices.

 – Colle a árbore coidadosamente suxeitandoa polo cepellón e non polo tronco, e metea no burato, controlando a altura aproximada á que deberá quedar.

 – Se a árbore está en bolsa haberá que sacala con coidado, cortándoa lonxitudinalmente. Antes disto haberá que regala para que a terra que rodea as raices estea húmida e non se desprenda. Se ves que hai raices danadas, podaas.

 – Coloca ben a árbore e cubre as raices con terra fértil, premendoa coa man. Despois tira suavemente da árbore cara arriba, para que as raices se acomoden e volve premer a terra.

 – Controla que a árbore quede centrada e á altura axeitada:a zona de transición entre raiz e tronco debe quedar a ras da terra.

 – Engade a terra que faga falla e preme co pe. Arredor da árbore a terra debe quedar algo afundida para que a auga se concentre aí.

 – Rega abondantemente.

 – Arrima ao tronco pedras que o protexan do frio, de roedores, pragas, etc.

 – Sigue a sua evolución regando condo sexa preciso, especialmente nos primeiros meses, e eliminando as malezas das suas proximidades.


Esta entrada foi publicada en medio ambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta