A FALA, con Uxía, Tanxugueiras e Faia

Poema de Manuel María musicado por Uxía, Tanxugueiras e Faia, para celebrar o día das letras galegas 2020

https://youtu.be/_QA4hInVLaM

O IDIOMA É A CHAVE
COA QUE ABRIMOS O MUNDO:
O SALOUCO MÁIS FEBLE,
O PENSAR MÁIS PROFUNDO.

O IDIOMA É A VIDA,
O COITELO DA DOR,
O MURMURIO DO VENTO,
A PALABRA DE AMOR.

AIALA LALA…

O IDIOMA É O TEMPO,
É A VOZ DOS AVÓS
E ESE BREVE RONSEL
QUE DEIXAREMOS NÓS.

O IDIOMA É UN HERDO,
PATRIMONIO DO POBO,
MAXICAMENTE VELLO,
ETERNAMENTE NOVO.


AIALA LALA…(BIS)


O IDIOMA É A FORZA
QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN.
¡SE PERDEMOS A FALA
NON SEREMOS NINGUÉN!

RENUNCIAR AO IDIOMA
É SER MUDO E MORRER.
¡PRECISAMOS A LINGUA
SE QUEREMOS VENCER!

AIALA LALA…(BIS)

Esta entrada foi publicada en Base. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta