Planta árbores

Le o seguinte artigo e visualiza o video para, na próxima clase, sair a plantar árbores.

COMO PLANTAR UNHA ÁRBORE CON CEPELLÓN.-

– Cava un burato que sexa polo menos o doble de ancho e de profundo que o cepellón das raices.

 – Colle a árbore coidadosamente suxeitandoa polo cepellón e non polo tronco, e metea no burato, controlando a altura aproximada á que deberá quedar.

 – Se a árbore está en bolsa haberá que sacala con coidado, cortándoa lonxitudinalmente. Antes disto haberá que regala para que a terra que rodea as raices estea húmida e non se desprenda. Se ves que hai raices danadas, podaas.

 – Coloca ben a árbore e cubre as raices con terra fértil, premendoa coa man. Despois tira suavemente da árbore cara arriba, para que as raices se acomoden e volve premer a terra.

 – Controla que a árbore quede centrada e á altura axeitada:a zona de transición entre raiz e tronco debe quedar a ras da terra.

 – Engade a terra que faga falla e preme co pe. Arredor da árbore a terra debe quedar algo afundida para que a auga se concentre aí.

 – Rega abondantemente.

 – Arrima ao tronco pedras que o protexan do frio, de roedores, pragas, etc.

 – Sigue a sua evolución regando condo sexa preciso, especialmente nos primeiros meses, e eliminando as malezas das suas proximidades.


Publicado en medio ambiente | Deixa un comentario

Mais do sistema nervioso


Publicado en relación | Deixa un comentario

Medio ambiente e sociedade

Quero que visionedes a película “La isla de las flores” do brasileiro Jorge Furtado, e despois que escribades un artigo que recolla as vosas reflexións sobre a mesma.


Publicado en Base | Deixa un comentario

Valores ambientais dun proxecto singular

 

Quero achegarvos un proxecto singular no que participo como cooperativista.Trátase dun proxecto agropecuario de desenvolvemento sostible:

MONTE CABALAR e unha sociedade cooperativa formada polos veciños da Somoza , Tabeiros , Nigoi , Arca , e Souto, 5 parroquias do concello da Estrada. Esta cooperativa conta cun amplo proxecto no que combina silvopastorismo, producion de carne de 1ª calidade, xestion de terreos en perigo de incendio forestal e plantacions forestais comunitarias .Ócupa Aproximadamente 600 ha, e constituímola aproximadamente 400 propietarios. Este proxecto posue valores ambientais moi interesantes ademais de valores sociais e económicos.

 No seguinte video podedes coñecer todos os detalles do mesmo así como disfrutar dunha bonita banda sonora .

 

Tamén no  seguinte enlace http://www.montecabalar.aestrada.com/

Publicado en Base | Deixa un comentario